domingo, 5 de diciembre de 2010

IV


XXI

Entón apareceu o raposo.
-Bos días- dixo.
-Bos días- respondeu cortesmente o principiño, que se volveu, pero non viu a ninguén.
-Estou aquí -dixo a voz-, debaixo da maceira...
-Quen es ti?- preguntou o principiño-. Es moi bonito...
-Eu son un raposo- dixo o raposo.
-Ven xogar conmigo -propúxolle o principiño- Estou tan triste...!
-Non podo xogar contigo -dixo o raposo-. Non estou domesticado.
-Ah...! Perdón! -desculpouse o principiño.
Pero despois de pensar un pouco, engadiu:
-Que significa "domesticar"?
-Ti non es de aquí -dixo o raposo-. Que buscas?
-Busco os homes -respondeu o principiño-. Que significa "domesticar"?
-Os homes -dixo o raposo- teñen escopetas e cazan. É moi molesto! Tamén crían galiñas. Só son interesantes por isto. Ti buscas galiñas?
-Non -contestou o principiño-. Eu busco amigos. Pero que significa "domesticar"?
-É unha cousa demasiado esquecida -dixo o raposo-. Significa "crear vencellos".
-Crear vencellos?
-Claro -dixo o raposo-. Ti non es aínda para min máis que un rapaciño semellante a outros cen mil rapaciños. Non me cómpres para nada. Tampouco ti tes necesidade de min. Para ti eu non son máis que un raposo semellante a outros cen mil raposos. Pero se ti me domesticas, teremos a necesidade un do outro. Ti serás para min único no mundo. E eu tamén serei para ti único no mundo...


No hay comentarios:

Publicar un comentario